Asociación de Tempo Libre A Pedrosa


II Encontro sendeirista e cultural “Lucus a Pé”
9 de Xuño

A directiva da Agrupación Deportiva e Tempo Libre “A Pedrosa”, ten o pracer de dirixirse a vostede para informarlle que o vindeiro día 09 de Xuño, viaxaremos ata Lugo, para participar no II Encontro sendeirista e cultural “Lucus a Pé”.


    Hora
Horario de Saida: Ronda de Outeiro (Pavo Real) 7:30
  Ronda de Outeiro (Mercadona) 7:35
  Pulpeira de Arzua 7:35
  Monelos 7:40
  Orro 7:55
  Vilaboa 8:05
  O Burgo 8:15


  Sendeirismo Nenos menos de 15 anos
Socios 15 € 10 €
Non Socios 17 € 12 €


Estes prezos cobren o viaxe e o seguro.

Dificultade da ruta de sendeirismo: Baixa, de 18,30 Quilómetros.

Recordar que teñen preferencia de prazas os socios ata a data do 1 de Xuño, a partires deste día perderán este beneficio, sendo nesta ocasión solo 60 prazas.

Calzado: Sendo un percorrido fácil, aconsellamos levar BOTAS DE MONTAÑA.

Os organizadores nos daran a comida.

Mais Información: Na páxina WEB: www.adetlapedrosa.com e tamén poden solicitala no correo electrónico: adtlapedrosa @ yahoo.es, e nos Telf.: 616 120 975 de Manolo e 666-288-265 de Angel

A forma de pago e por ingreso no Banco Pastor, Nº0072 0157 20 0000102883, facendo constar o nome da persoa.

Sen máis, e na espera da súa sempre grata participación, reciba unha calorosa aperta.

Asdo.Manuel Jesús Oliveira Fernández

P.D. As persoas que teñan polo ou camiseta de A Pedrosa, por favor que o leven


voltar