Asociación de Tempo Libre A Pedrosa


5 de Xullo, Festa do Polo Pedrosiano

A directiva da Agrupación Deportiva e Tempo Libre “A Pedrosa”, ten o pracer de dirixirse a vostede para informarlle de que o vindeiro día 5 de Xullo, organizaremos como en anos anteriores a ”FESTA DO POLO PEDROSIANO”, nas instalacións de esta Asociación, en Orro.


O PROGRAMA DESTE DÍA SERA:

  • As 17:30; Pequeno percorrido por os Montes de Orro e o seu entorno.
  • As 20:00; Asamblea Xeral Extraordinaria.
  • As 20:30; Obra de Teatro “Rexuvenecemos”, da Compañia “Os Bellucos de Cosme”
  • As 22:00 Degustación do “POLO PEDROSIANO”.

O prezo sera de 6 €uros por ración de un Polo con Pimientos, Pan e Viño, (Recomendamos reservalo antes para asegurar ter garantizado O Polo Pedrosiano).

E de seguido Baile hasta que o corpo aguante.


Dificultade da ruta de sendeirismo: Baixa.

Calzado: Sendo un percorrido fácil, podendo facelo en zapatillas de trequin, sempre tendo en conta que son camiños de monte.

Mais Información: Na páxina WEB: www.adetlapedrosa.com e tamén poden solicitala no correo electrónico: adtlapedrosa @ yahoo.es, e nos Telf.: 616-120-975 de Manolo e 666-288-265 de Angel


5 de xullo: Polo Pedrosiano

voltar