Asociación de Tempo Libre A Pedrosa


Código de Conducta

  • O percorrido farase andando. Empregar medios de locomoción non seria senderismo;amolarias ós demáis usuarios e alterarías a natureza.
  • Se te afastas do carreiro, non pises cultivos nin invadas as propiedades privadas.
  • Non tires desperdicios ó chan ; recolle todo antes de abandoar o monte.
  • Non botes ós regatos lixo. Os animais acudirán a beber e poden ferirse ou intoxicarse.
  • Non prendas lume fora de sitios autorizados.
  • Respeta a todos os animais e vexetais. Mellor tomar notas e fotos que exemplares.
  • Non persigas ou escorrentes ós paxaros. Non desfagas os seus niños.
  • Non arranques as flores silvestres nin os cogumelos. Non esgaces as pólas da árbores.
  • Non leves á boca ningún froito, folla ou talo que non coñezas ben . Tamén hai animais que son perigosos con só tocalos ( avespas, eirugas ....).