Asociación de Tempo Libre A Pedrosa


Instalacións

Asociación de Tempo Libre A Pedrosa Instalacións da asociación Instalacións da asociación


As instalacións das que podemos facer uso son de titularidade municipal, aínda que estan cedidas a Asociación de Veciños, polo que, logo da súa solicitude por escrito das mesmas, non hai ningún inconveniente para o seu uso e desfrute.

PISTA POLIDEPORTIVA

Pista polideportiva, empregada para a realizaciación de distintas actividades deportivas e outras menos deportivas e mais particulares, como poden ser as Carreiras de carretillas con troncos ou as Carreiras de patinetes a motor.

CAMPO DE FÚTBOL

Campo de fútbol, utilizase como campo para o Lanzamento de Sacha así como de aparcadoiro cando as circunstancias o demandan.

Outras instalacións

Dentro das instalacións podemos incluír tamen unha oficina situada dentro do local anexo o Centro Social, utilizada principalmente para o almacenamento de roupa e onde está situado o arquivo, un equipo informático e diversos tipos de documentación e material.

Por último, para a realización de reunións e asambleas, empregamos o Centro social de Orro.