Asociación de Tempo Libre A Pedrosa


Saudos:

O presidente e o TesoreiroEn calidade de presidente da Agrupación Deportiva e Tempo Libre" A Pedrosa", teño o pracer de poñerme en contacto con vostedes a traves desta páxina web, para invitalos a coñecer as distintas actividades lúdico-deportivas que levamos a cabo o longo do ano, así como a poder participar nelas.

Para comenzar, compre decir que a ADTL.A PEDROSA, é unha agrupación legalmente constituida, de acordo cos estatutos aprobados pola Xunta de Galicia e convenientemente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Culleredo.

Fundada no ano 2000, polos menbros da actual xunta directiva, está formada por unha masa social de aproxmidamente oitenta e cinco socios, aínda que en realidade esa cantidade duplicase a nivel de participación, xa que malia que o socio é un, teñen os mesmos dereitos o resto dos membros da unidade familiar.

Como máis adiante veremos, as principais actividades da devandita agrupación están dirixidas cara a deportes considerados minoritarios, polo que malia requerir un esforzo superior a hora de levalos a cabo, tamen a satisfacción supera con creces a que podes acadar con deportes e afeccións con moitos máis seguidores.